We’ve updated our Terms of Use to reflect our new entity name and address. You can review the changes here.
We’ve updated our Terms of Use. You can review the changes here.

Sons da r​ú​a

by Keltoi!

/
  • Streaming + Download

    Includes unlimited streaming via the free Bandcamp app, plus high-quality download in MP3, FLAC and more.
    Purchasable with gift card

      €10 EUR  or more

     

  • Record/Vinyl + Digital Album

    12 Temas propios + 2 versións. O vinilo inclúe CD interior, código de descarga e unha sorpresa.

    Includes unlimited streaming of Sons da rúa via the free Bandcamp app, plus high-quality download in MP3, FLAC and more.
    ships out within 5 days
    edition of 500  19 remaining

      €15 EUR or more 

     

1.
Seguiremos 02:43
Na Coia dos noventa, mamando punk rock Con máis gañas que xeito, entre fume e suor Escoitando vellas cintas, nun cheirento local Descargando adrenalina, aprendendo a soar Nos primeiros concertos so amigos e alcol Foron grandes momentos E alí estivemos cuspindo sentimentos Sendo nós mesmos, vogando contra o vento Sempre! rachando cos silencios Berros sinceiros, co son da rúa nos beizos Pasaron os invernos, tamén os locais Buscándonos a vida, pra poder tocar Ensaios e pelexas, viaxes e gravacións Compañeiros que nos deixan…sempre serán Keltoi! Tras mil noites de troula, de street rock and roll E mentres queden forzas! E alí estaremos cuspindo sentimentos Sendo nós mesmos, vogando contra o vento Sempre! rachando cos silencios Berros sinceiros, co son da rúa nos beizos
2.
Na túa pel 02:53
Feito un puto cromo, e non deixas de buscar ideas, novas historias que poder tatuar Na casa rosman os vellos, repetindo sempre a mesma leria, cando carallo has medrar? E a agulla rachará a túa pel con esa liñas que forman xa parte de ti! Non voltes preguntar porqué. É a miña vida. Só hai unha por vivir Comezaches moi novo, fedellando en máquinas caseiras, buscando amigos cos que practicar Os teus primeiros deseños, tardes de inverno no faiado debuxando sen parar! E o lapis traza nun papel centos de historias que chen fan ser hoxe quen es Teu corpo sinte na súa pel puntadas da túa memoria! E non o deixarás nunca, sabes que é unha batalla perdida, non hai remedio xa pra-lo teu mal Porque no fondo che presta, porque o teu corpo ás veces pide tinta e ti non lla vas negar! E a agulla rachará a túa pel con esa liñas que forman xa parte de ti! Non voltes preguntar porqué. É a miña vida. Só hai unha por vivir!
3.
Reencontro 02:29
Que pasa meu? que fas por equí so? Hai moito tempo que non se che mira Colle unha birra e senta canda nós Como vai todo? que é da túa vida? Mándalle un grolo e cóntanos! Lembras aquel verán no Freixo Rock? E cando os RIP echeron o Anoeta Berrando xuntos aquel “Coma Vós!” Remataban as nosas borracheiras Aqueles debuxos, foron tatuaxes E un par de militas logo unhas Doc Martens Medramos no barrio sen ter medo a nada Mozos fachendosos de testa rapada Moito choveu, case todo cambiou E boto en falta a rebeldía doutrora Cheos de raiba e sen ordenador... ...e amizade sobre tódalas cousas Vellos valores e tradicións! E vas pola rúa rodeado de zombis, de novos escravos pendentes dun puto móbil Facendo fanzines, montando concertos Se viñan mal dadas, eramos un mesmo Rachando prexuizos, fuxindo de enganos Pensando en galego e co puño pechado Son vellos valores, valores de antano Marcaron a túa vida nas rúas do barrio co paso dos anos
4.
Oes ti ! 02:35
Vai por ti, ti que non saes á rúa Ti que tes medo do que che poida pasar Non sexas parvo, é hora de reaccionar Es coma un neno, joder que pena das Vas ao choio so querendo currar Vas á escola so querendo estudar Veña non me fodas, non me amargarás Que noxo de vida levas ti rapaz Oes ti ven eiquí, oes ti ven con nós O berro da rúa debes de escoitar! Ei rapaz!, chegou a hora de espabilar! da mala hostia! Veña dille ao xefe que hoxe traballa él Bule dille ao mestre que hoxe estudará el Feixe de bastardos, viven so para amolar Se ti ves connosco, non nos poderán parar! Oes ti ven eiquí, oes ti ven con nós O berro da rúa debes de escoitar! Vai por ti, ti que non saes á rúa Ti que tes medo do que che poida pasar Non sexas parvo, é hora de reaccionar Es coma un neno, joder que pena das Vas ao choio so querendo currar Vas á escola so querendo estudar Veña non me fodas, non me amargarás Que noxo de vida levas ti rapaz Oes ti ven eiquí, oes ti ven con nós O berro da rúa debes de escoitar!
5.
Sons da rúa 02:46
Feito pra sentir, non so pra escoitar Testemuña dunha realidade que enfrontas cada puto día Faiche resistir, faiche disfrutar, escapar desta mediocridade con forza, raiba e rebeldía Oi! pra liscar desta rutina e sociedade enferma Oi! pra cuspi-la túa carraxe e sacudir conciencias Son feito eiquí, feito pra vós! Noites sen final, ao teu carón os dous berrando esta canción Naciches pra punk-rockers e bootboys, entre asfalto e muros de cemento Enchendo barrios e bancadas Se che gusta o pimple e face-lo mal, e amolar ás mentes "ben pensantes" Xa tardas en berrar connosco Oi! fronte tanta hipocresía e música burguesa Oi! os ovarios e a fachenda da cultura obreira Son feito eiquí, feito pra vós! Noites sen final, ao teu carón os dous berrando esta canción
6.
Percorre Europa un vello cheiro a sangue e dor Da esterqueira da historia rexurde o odio Nova dialéctica e facianas amábeis dando a man, erguen coa outra un catecismo e un Mein Kampf… Revéntaos! non van pasar sen termos en fronte! Sabemos que de nós loitar, o seu mencer non será dourado! Oitenta anos despois, os herdeiros daquel Tercer Reich xurden coa crise "salvando patrias". Non ides enganar máis ca catro fillos de papá Sodes escoria chamada Frente Nacional Alerta!, actúa xa!, abre os putos ollos! E lembra a quen anos atrás, pensando en ti parou o fascismo!
7.
Burla negra 03:18
Ceibe é o anceio que levo metido no corpo Gravado a lume e ferro pra os meus adentros Salgados os surcos da vida dun home violento, ateigado de peixes será a mar meu cadaleito E levo no lombo unha grea de espritos. Eles róenme a ialma e navegan conmigo Van canda min mentres, mentres non sexa vencido Antes afundo o puto barco maldito Incontábeis as muescas dos barcos que derrotei Incontábeis as muescas nas gorxas dos meus inimigos Grande fragatas ao servizo do rie fun abordando sen medo na Burla Negra o meu bergantín Negra é a bandeira que ondea no alto do mastro, deixándolle claro ao ceo que eu non fago prisioneiros Sanguinario o sorriso que é o berce de angurias e medos Fai que treman os osos de capitáns e mariñeiros Sei que ardendo no inferno cumprirei condea Será a forza da mar e a fachenda que teño So o alcol i esta eterna cobiza surcan miñas veas nun arrepiante i eterno pulso co demo Incontábeis as muescas dos barcos que derrotei Incontábeis as muescas nas gorxas dos meus inimigos Barcos mercantes ao servizo do rei. Outros ca mala fortuna de atoparse conmigo na mar
8.
Adiante 02:45
Adiante! Oi rapaz! deixa de sufrir e vai erguendo esa cabeza Eis amigo! xa non aturo verte así, feito unha merda Sabes que non é o final, non debes darte por vencido Se forte meu irmán, sempre contarás conmigo No seu tempo esqueceremos e brindaremos Adiante! Xa chegou de estarse a laiar e maldicir o que che pasa Espabila, tes toda a vida fronte a ti pra desfrutala Nunca deixes de loitar por forte que sexa o inimigo So non camiñaras, sempre ao teu carón amigo Son momentos pra estar unidos, pra sacar peito! Xuntos venceremos! Non vas deixar de pelexar! Adiante! Nunca deixes de loitar por forte que sexa o inimigo So non camiñaras sempre ao teu carón amigo No seu tempo esqueceremos Orgullo e adiante! Orgullo e adiante!
9.
O tempo non ten paciencia, nen remorsos nen piedad(e) Levas xa tres anos fóra na procura dun mañán Na Terra non hai traballo e a moitos xa viches marchar E camiñas entre estranos coa raiba contida! Foches neta de emigrantes, medraches entre algodóns Escoitando aquelas lerias que contaban teus avós Dos seus anos na Arxentina, as cartas dende a emigración Tempos duros, longas viaxes coa raiba contida! Ben lonxe, so pensa no dia en que marchaches coa raiba contida! Non podes, nen deixas de lembrar na distancia a quen quedou na terra a quenes aquel día non partiron Ás compañeiras, túa familia, os teus amigos...todo o que enchía a túa vida Cataluña, Inglaterra, Madrid, Canarias, Eire, Euskal Herria, Brasil, Alemaña, Venezuela Ata cando a mocidade galega espallada polo mundo? Ben lonxe, so pensas no dia en que marchaches coa raiba contida! E as noites so lembras as cores dunha Terra xamais esquecida! E o sangue latexa pola dor que causaron os que roubaron o futuro, os que valeiraron Galiza. Os que trouxeron a miseria ás nosas vidas Os que seguro han de pagalo!
10.
No máis fondo de ti, xurde o rancor de quen repite un erro De quen busca os culpábeis da súa doma e a súa castración Como se a historia non fora connosco Coma un escravo orgulloso de selo Estamos mudos?, estamos cegos? somos da vila ou so vimos prá festa? Basta xa de mirarmos pra outro lado. Abonda de tanto choromicar Abre os ollos e mira prá túa Terra! .Nosa Galiza que hoxe esmorece Abre a boca e fala coa túa lingua! Non renunciaremos a quen somos, ás nosas vidas, noso idioma os nos soños Soños de liberdade, de traballo e de xustiza Porque ninguén mandan en nós, nen dios, nen vós A nosa historia farémola nós Seremos denantes mort@s que escrav@s E a que agardas pra erguerte nistes tempos de oscuridade i eterno inverno? E a que agardas pra erguerte canda min? Sae á rúa e berra coma o vento que afunde barcos e tronza imperios Saca a raiba que tes dentro de ti!
11.
Fómo-los nenos que corrían coma tolos detrás dun balón destrozado Eramos anxos de facianas desafiantes. Amos dos descampados Sempre rifando, facendo falcatruadas. Guindando pedras aos tellados Cativos ceibes, fachendosos, malcriados...xamais axeonllados Fomos heroes con dez anos. Moito máis que amigos, irmáns! Sen termos tempo nen prá igrexa, nen prá escola, so pra aventuras e batallas Aos castiñeiros gabeamos coma gatos, cada pola é unha espada Rachando mitos na procura depecado, amolando sempre ás rapazas Sendo uns mocosos, mentireiros, deslinguados, algunha hostia levabas Fomos heroes con dez anos. Moito máis que amigos, irmáns!
12.
Darkhaired dangerous schoolkids Vicious, suspicious sixteen Jet-black blazers at the bus stop Sullen, unhealthy and mean Teenage guerillas on the tarmac Fighting in the middle of the road Supercharged FS1Es on the asphalt The kids are coming in from the cold Look out, listen can you hear it Panic in the County Hall Look out, listen can you hear it Whitehall (got us) up against a wall Up against the wall... High wire fencing on the playground High rise housing all around High rise prices on the high street High time to pull it all down White boys kicking in a window Straight girls watching where they gone Never trust a copper in a crime car Just whose side are you on? Look out, listen can you hear it Panic in the County Hall Look out, listen can you hear it Whitehall (got us) up against a wall Up against the wall... Consternation in Brixton Rioting in Notting Hill Gate Fascists marching on the high street Carving up the welfare state Operator get me the hotline Father can you hear me at all? Telephone kiosk out of order Spraycan writing on the wall Look out, listen can you hear it Panic in the County Hall Look out, listen can you hear it Whitehall got us up against a wall Up against the wall...
13.
Enrolado dentro dun vello pesqueiro e por teito o ceo Media vida de traballo en altamar Medraches dentro dun barrio mariñeiro e xogando entre redes, sendo un neno soñabas con embarcar Uoooo chega outra marea Uoooo ben alén da terra Lonxe do teu fogar, da túa xente! Uoooo e sen desalento Uoooo pos a proa ao vento Morre a noite na mar, rompe o abrente! Déixando-las Cíes a babor, bate a mar no casco e na pel Sabes que desta xa non hai volta atrás I embarcado so cónta-los días mentres xeo e peixe echen as adegas E mirando esas fotografías, ti so pensas na túa serea Ben sabes desta vida dura e xunto un compañeiro apuras uns tragos Maldicindo outra singradura. I escapando do voso naufraxio Uoooo e nas noites duras Uoooo bícache a tristura Afundido nun mar de lembranzas Uoooo subes á cuberta Uooo onde a mar espera Pensas no teu fogar, na túa xente
14.
Foi unha tarde de agosto, mil novecentos vinte e tres Naceu coa forza do vento e a mar o fillo do fútbol vigués Tantos anos, exemplo de loita e paixón Sen desfalecer, tras cada balón, afouteza e corazón Un cantar ao vento, un escudo no teu peito Un equipo para un país, unhas cores un sentimento E vivimos tanto xuntos cando viaxámo-los dous Non me importou onde foras xogar, nunca camiñaches so Bágoas, gloria, derbis cheos de paixón Soubemos gañar, soubemos perder. Xuntos Celta e afección. Non, non te abandoarei. Sempre xuntos os dous ata a victoria!
15.
Foi unha tarde de agosto, mil novecentos vinte e tres Naceu coa forza do vento e a mar o fillo do fútbol vigués Tantos anos, exemplo de loita e paixón Sen desfalecer, tras cada balón, afouteza e corazón Un cantar ao vento, un escudo no teu peito Un equipo para un país, unhas cores un sentimento E vivimos tanto xuntos cando viaxámo-los dous Non me importou onde foras xogar, nunca camiñaches so Bágoas, gloria, derbis cheos de paixón Soubemos gañar, soubemos perder. Xuntos Celta e afección. Non, non te abandoarei. Sempre xuntos os dous ata a victoria!

about

SONS DA RÚA foi gravado e mesturado por José Aller (Aka Petetas) entre o outono e o inverno 2015 nos estudios Garegeland de Marín (GZ) e masterizado na primaveira 2016 por Mario G. Alberni nos estudios Kadifornia (Puerto de Santa María - Cádiz).

Editado por: O NOSO DÍA CHEGARÁ RECORDS: #ONDC002 // CROM RECORDS: #CR007 // NO TURNING BACK RECORDS: #NTBRC002

Rexistrado en Safe Creative baixo a licenza: 1606160011697

credits

released October 20, 2016

Keltoi! somos:
Manu: Batería
Mikele: Guitarra
David: Guitarra e coros
Dani: Baixo e coros
Sime: Voz

Colaboracións:

Esteban "Skacha" na voz en "Reencontro":
Àlex Vendrell na voz en "Novas Caras, vellas doutrinas"
Pau Portas, voces en "Unhas cores, un sentimento"
José Aller co bouzouki en "Burla Negra" e "Unhas cores, un sentimento" (acústica)
Manolo "Falperrys" co acordeón en "Burla Negra" e "Unhas cores, un sentimento" (acústica)
Xurxo coa guitarra en "Unhas cores, un sentimento" (acústica)
Gonzalo Muiños "Gontxu" coa guitarra en "Novas Caras, vellas doutrinas"
Karlitos "Peloti" voz en "Heroes de Barrio"

license

all rights reserved

tags

about

Keltoi! Vigo, Spain

Keltoi! ("Celtas) é grupo galego de street punk/Oi! formado en Vigo en 1995. Seguidores de bandas como Cockney Rejects, Stiff Little Fingers, ou The Clash, Keltoi! nunca escondímo-lo noso orgullo de pertencer á clase traballadora galega, nen o noso compromiso antifascista. Partindo da autoxestión e coa diversión e o compromiso por bandeira, facemos noso o vello lema dos Skacha...SEMPRE CEIBES!! ... more

contact / help

Contact Keltoi!

Streaming and
Download help

Report this album or account

If you like Keltoi!, you may also like: